O gasto público é o conxunto dos gastos realizados polas Administracións Públicas.
¿Para que se gasta?
De cada 100€ gastados:
- 34% en protección social: prestacións e axudas sociais (subsidio por desemprego).
- 14% en gasto sanitario: construción e mantemento de hospitais…
- 13% en servizos xerais (pagamento de funcionarios…)
- 11% en gasto educativo: (construción de centros escolares…)
- 11% de asuntos económicos e de investimento: (investigación…)
- 5% en orde pública e seguridade cidadá: (bombeiros, xustiza…)
- 4% en gastos culturais e recreativos: (bibliotecas, parques, xardíns…)
- 3% en defensa: (para manter as Forzas Armadas)
- 3% en vivenda e servizos comunitarios: (recollida de lixo, transporte público)
- 2% en protección do medio ambiente (realízanse programas deste sector)
¿Cómo se gasta?
En función de criterios económicos:
- Gastos correntes ou de consumo: (pagamentos a funcionarios, compra de bens e servizos…)
- Gastos de capital ou de investimento: (para manter e mellorar as infraestruturas do país: aeroportos, AVE…)
- Gastos de transferencia: case a metade do gasto público son transferencias en efectivo que lles paga o estado ás empresas e familias (bolsas, subvencións ás empresas…)
Os ingresos públicos son os recursos que necesita o sector público para financiar os gastos públicos. Obtéñense mediante as cotizacións, os tributos e outras fontes de ingresos.
As cotizacións sociais son pagamentos que se fan á Seguridade Social e polos que se adquire un dereito a recibir unhas prestacións. En España, calcúlanse tendo en conta os salarios dos traballadores.
Tributos
(3 grandes seccións):
- Impostos: son pagamentos que se esixen por lei sen que o contribuínte reciba un beneficio específico a cambio. Constitúen máis da metade dos ingresos públicos.
- Impostos directos: gravan a renda das persoas e empresas en función da súa economía e da súa situación familiar. Así, quen gaña máis, paga máis; e quen gaña menos, paga menos. (Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, Imposto sobre Sociedades e Imposto sobre o Patrimonio)
- Impostos indirectos: gravan feitos concretos sen ter en conta de quen se tratan e as circunstancias desa persoa. (Impostos especiais), principal: Imposto sobre o valor engadido: págase ao mercar un produto ou contratar un servizo. Non ten en conta as circunstancias persoais/familiares do contribuínte. É o 2º imposto máis importante. Alcanza case 1 terzo do total dos impostos.
- Taxas: son tributos que se pagan polo uso dun ben ou servizo ofrecido pola Administración (recollida de lixo).
- Contribucións especiais: son tributos que paga quen se beneficia dunha obra ou servizo público.
O IRPF é un imposto directo que grava a obtención de renda dos cidadáns. O IRPF achega ao Estado máis dun terzo do que se recada entre todos os impostos.
A progresividade do IRPF
(Os impostos calcúlanse segundo distintos criterios):
- Impostos regresivos: gravan todos por igual, co que aumenta a desigualdade entre persoas.
- Impostos proporcionais: gravan proporcionalmente a capacidade económica das persoas.
- Impostos progresivos: aplícase unha tarifa progresiva (distribúese o diñeiro que se gaña en tramos, e o % que se aplica é maior segundo ascende o tramo de diñeiro. Este tipo de impostos teñen maior efecto redistributivo.
Personalización do IRPF: establécense exencións, reducións e deducións. Hai unha cantidade mínima persoal e familiar necesaria para vivir. Hai “descontos” que teñen en conta outros gastos das persoas.
A política fiscal está constituída polas medidas que os gobernos toman sobre o gasto público e os impostos, co fin de facilitar o crecemento económico e o emprego, a estabilidade dos prezos e o control do déficit público.
Política fiscal expansiva
Cando a demanda agregada é insuficiente, orixínase o paro. O Goberno ten 2 instrumentos para estimular a economía:
- Aumento do gasto público: o Estado aumenta os seus gastos en obras públicas, en compra de bens e servizos ás empresas e en gastos de transferencias.
- A redución dos impostos: aumenta a renda das familias, que terán máis diñeiro e poder así consumir.
Política fiscal contractiva
Cando hai exceso de demanda e cabe a posibilidade de subida de prezos. Utilizando os mesmos instrumentos:
- Redución do gasto público: a demanda agregada diminúe se o Estado gasta menos en obras públicas, etc.
- Suba de impostos: diminúe a renda das familias, e reducirán o consumo.
As funcións do diñeiro
(principal: serve de medio de cambio e pagamento)
- Medio de cambio: trátase dun intermediario que facilita o comercio e a especialización na produción.
- Depósito de valor: un medio para manter a riqueza e que nos permite aforrar.
- Unidade de medida: permítenos medir o valor dos bens e servizos. Todo se valora en diñeiro.